Libros
DocumentosData publicación
O Consello da Cultura Galega ofrécenos esta descarga de balde.Coordinadores: Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde. Esta publicación recolle as actas das xornadas celebradas baixo o mesmo título os días 7 e 8 de novembro de 2005 en Santiago de Compostela. O encontro reuniu aos sectores implicados para analizar a problemática dos incendios forestais en Galicia e buscar solucións
Rinoceronte é unha editora pioneira que está coas novas tecnoloxías, neste caso edita este libro de balde en formato PDF que se pode tamén mercar en papel. O condutor de autobús que quería ser Deus (Ha-kaitanah shel Kneller) de Etgar Keret (Tel Aviv, 1967), publicouse por primeira vez en hebreo en 1998. Nos catro contos e a novela curta que compoñen o libro, o autor escribe, cun sentido do humor absurdo e cheo de ironía, as historias de xentes confusas e deliberadamente non épicas que viven no contorno de Tel Aviv.“É unha colección brillante, atractiva e divertida ata o punto de provocar bágoas, e triste ata o punto de provocar a risa. Na obra reflíctese a ambivalencia da sociedade de Tel Aviv nos temas tratados, así como na lingua que se emprega.
Edición de Xesús Alonso Montero e Miro Villar. Esta publicación recolle material empregado polos relatores que participaron nas xornadas "Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega", celebradas no Consello da Cultura Galega en 1999. Reproduce cartas, poesía e prosa de escritores que desenvolveron o seu traballo no trienio 1936-1939, e outro material de utilidade para analizar a literatura galega naquel tráxico momento histórico. Descarga ofrecida polo Consello da Cultura Galega
Esta é unha traducción ao galego do libro de Neal Stephenson do 1999: In the Beginning was the Command Line . Hai anos que os fabricantes de sistemas operativos -como Microsoft ou Apple- dedican inxentes esforzos a ocultar como funcionan realmente os ordenadores, suponse que coa idea de simplificar o seu uso. Para isto, algúns dos seus mellores enxeñeiros inventaron toda clase de metáforas visuais e interfaces gráficas, o cal permitiu que moita xente se achegue aos ordenadores persoais sen sentir pánico e sen provocar grandes gastos de formación de persoal ás súas empresas. Pero, lamentablemente, construír ese muro de metáforas en forma de interface gráfica entre o ordenador e o usuario (coñecida como GUI) tivo un custo social e cultural moi notable, ao contribuír decisivamente a que a tecnoloxía que subxace no ordenador se perciba como algo máxico, sen conexión ningunha entre causas e efectos, recubrindo dun formidable manto de ignorancia todo o que realmente sucede. Iso propiciou estratexias comerciais baseadas no engano e na trampa, cando non abertamente delituosas e explica que produtos moi deficientes, como o propio Windows, sexan consumidos masivamente e tolerados polo gran público, que soporta resignadamente unha mercancía inzada de erros e sen garantía real ningunha, que acepta as perdas de datos, os virus, as vulnerabilidades, o control sobre a súa intimidade e toda clase de erros inesperados como algo natural, inherente ao propio ordenador, e non ao sistema operativoque o fai funcionar.
Einar Már Gudmundsson (Reykjavík, 1954) é un dos máis sobresaíntes autores da literatura islandesa actual, e tamén o máis traducido. Formouse en Literatura Comparada e Historia na Universidade de Islandia, e completou posteriormente os seus estudos literarios en Dinamarca. Comezou a súa carreira como escritor en 1980 co poemario Er nokkur kórónafötum hér inni? ('Algún de vós leva roupa da marca Kóróna?') e dous anos máis tarde publicou a súa primeira novela, Riddarar hringstigans ('Os cabaleiros da escaleira de caracol'). Leva recibidos numerosos premios, entre eles o Premio Literario do Consello Nórdico por Anxos do Universo. Xunto a Fridrik Thór Fridriksson escribiu o guión para a película baseada en Anxos do Universo, ademais do guión de Börn Nátturunnar ('Fillos da Natureza'), filme nominado para os Oscar en 1992.


