| Galiza na Idade Media (345-1492) |
|
|
|
| Artigos - Historia e cultura | ||||||||
| Escrito por <a href="index.php?option=com_comprofiler&task=userProfile&user=62"><span class="small">Xacobe</span></a> | ||||||||
| Mércores, 15 de Abril de 2009 19:47 | ||||||||
Páxina 1 de 6
345 Nacimento de Prisciliano. 419 Os vándalos asdingos que tiñan recibido terras no interior da Gallaecia enfrontan-se aos suevos nos montes Nerbasios (Ourense). Esta agresión serve-lle de pretexto ao “Comes Hispaniarum” Astério e ao “Vicarus” Maurocelo para atacaren aos vándalos asdingos.
422 Un exército Romano é enviado á Galiza para atacar aos asdingos que son derrotados. Morre entón Gunderico, Rei dos vándalos asdingos. 427 Idácio Bispo de Chaves. 431 Idácio, viaxa à Galia para pedir ao “magister militium” Aécio que organice un ataque contra os suevos.435 Grupos de monxes ascetas provintes do Mediterráneo oriental se establecen en diversos pontos da Gallaecia e principalmente na costa. 438-448 Reinado do Suevo Requila, sucesor de Hermerico. Requila adopta unha actitude moi agresiva contra os galaicos (non teutónicos) e a igrexa católica. Enfronta-se aos bispos e favorece ao clero priscilianista. Tamén asina un novo “Foedus” con Roma e alizanzas coas tribos Bagudas (bandoleiros do norte peninsular que traballavan a cotío como mercenários) . Integrará no seu dominio o total da “Lusitania” e parte da “Bética”. Conquista “Hispalis” (Sevilla) e fai incursións na “Tarraconensis”. 446 Os Romanos, dirixidos desta vez por Vito “Magister Utriusque Militae” (Comandante das tropas compostas por Romanos e Visigodos) tentan ceivar-se dos Suevos mas son derrotados.448 Requiário, sucesor de Requila, coverte-se ao Catolicismo. El establece o primeiro reino independente de Roma no oeste de Europa. Tamén é o primeiro rei en cuñar moeda ao seu próprio nome. 449 Requiário se asocia cos Bagudas, dirixidos estes por un seu chefe chamado Basílio para saquearen xuntos Zaragoza, Lleida e Tarragona. 453 Acordo de paz entre hispano-romanos e suevos estabelecido polo “Comes Hispaniorum” Mansueto e polo Conde Frontán.456 Requiário infrinxe os acordos de paz e ataca o area “Cartaginense”. Invade tamén a área Tarraconense atacando ao Conde Frontán.Teodorico II, rei visigodo, atravesa os Pireneus camiño da Gallaecia, derrotando aos suevos cabo do rio Orbigo, perto de Astorga. Logo marcha até Braga, que é inteiramente saqueada sen poupar cidadáns civis cregos ou igrexas. Despois segue até o Porto vencendo a Requiário novamente e condenando-o a morte. Finalmente, entrega o reino suevo a Agiulfo, "cliente" seu da tribo dos Varnas. Morre Teodorico II, rei dos visigodos. O estado Suevo entra en crise. 456-457 Frontán proclama-se Rei de Gallaecia. División temporal do Reino. |




