http://www.aldeadecoro.com/web

5ª Escola Fermín Penzol no Bierzo PDF Imprimir E-mail
Escrito por <a href="index.php?option=com_comprofiler&task=userProfile&user=62"><span class="small">Xacobe</span></a>   
Xoves, 11 de Marzo de 2010 21:38

Punto en común coas terras estremeiras

A V Escola Fermín Penzol trasládase desde mañá ao Bierzo

Redacción .  Esta fin de semana terá lugar no Bierzo unha nova edición da Escola Fermín Penzol, que se celebra como punto de unión entre Galiza, León e Asturias ao redor das nosas culturas.

Detalle do cartaz da V Escola Fermín Penzol Detalle do cartaz da V Escola Fermín Penzol

Mañá comezan en Ponferrada os actos da V Escola Permanente Fermín Penzol, que este ano se traslada ao Bierzo para difundir o seu labor cun programa de actividades no que se mesturan concertos, recitais poéticos, os monólogos de Quico Cadaval e conferencias dos escritores Anxo Angueira e Xosé-Henrique Costas.

No transcurso da V Escola Permanente Fermín Penzol –organizada pola Universidade de Vigo– terán lugar dúas mesas redondas nas que expertos e políticos reflexionarán sobre a situación actual da lingua galega no ensino e na sociedade da comarca. Ademais, no marco da V Escola Fermín Penzol presentarase o número IV da revista Xarmenta, editada pola asociación do mesmo nome, que cumpre xa cinco anos traballando para non perder a identidade que pertence aos galego-falantes do Bierzo.

Actividades en Ponferrada, Cacabelos e Vilafranca

A Nosa Terra

---------------------------------------
Quén foi Fermín Penzol?

Fermín Penzol Labandeira, nado en Sahagún de Campos o 19 de agosto de 1901 e finado en Santiago de Compostela en 1981, foi un galeguista do interior perante a ditadura franquista.

Traxectoria

Nado na provincia de León, trasladouse a Lugo onde estableceu contacto co Partido Galeguista. Durante o Franquismo serviu de contacto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. Á súa morte fundouse coa súa biblioteca a Fundación Penzol na cidade de Vigo.

Na Galipedia, A wikipedia en galego


Enviou: xacobe

Webmestre

Compárteo cos teus amigos
Share
------------------------------------------------------- Síguenos e faite seareiro no Facebook
Faite seareiro de Aldea de Coro no Facebook

Pesquisa no e-Estraviz

Última actualización el Xoves, 11 de Marzo de 2010 22:18
 
Se queres participar escribindo, enviando documentos, ligazóns ou facendo amigos entre os membros, rexístrate. Podes axudar á web premendo nos anuncios de Google. Grazas.