| Para salvar O Bierzo. G-H |
|
|
|
| Artigos - Natureza | |||
| Escrito por <a href="index.php?option=com_comprofiler&task=userProfile&user=68"><span class="small">balonga</span></a> | |||
| Xoves, 11 de Febreiro de 2010 10:27 | |||
maré hoxePara salvar O BierzoO poeta berciano Juan Carlos Mestre renunciou ao premio que lle ía entregar a Casa de León en Madrid como protesta polas minas ao descuberto do empresario Victorino Alonso, que ía ser galardoado no mesmo acto. Mestre únese así a unha campaña ecoloxista contra as explotacións, semellantes ás que padece O Courel.REDACCIÓN
O Premio Nacional de Poesía 2009, Juan Carlos Mestre, renunciou a unha distinción da Casa de León en Madrid en protesta polo "atentado ecolóxico" que supoñen as minas ao descuberto no Bierzo, un problema que esta área estremeira comparte con Galicia nas louseiras do Courel. A protesta de Mestre únese á de varias organizacións ecoloxistas contra a Casa de León en Madrid pola súa intención de galardoar nun acto publico, o próximo día 20, o empresario mineiro Victorino Alonso García, que ten diversas explotacións ao descuberto en Reservas da Biosfera de León. A organización Filón Verde emitiu recentemente un comunicado para protestar pola homenaxe a Alonso García, "que está desolando os nosos montes con minería ao descuberto na máis absoluta ilegalidade, onde habitan os últimos osos e tamén as últimas pitas do monte cantábricas da península Ibérica". A Casa de León pretende homenaxear tamén a José Antonio Álvarez Gundín, subdirector do diario La Razón, e o poeta Mestre, nun acto no que actuará como mantedor o presidente de Paradores, Miguel Martínez. Mestre, no seu rexeitamento á distinción, declárase "totalmente en contra" da agresión "á natureza sacra da terra berciana que supón as minas e explotacións ao descuberto, feitos denunciados e sub judice ante organismos internacionais". O poeta non pode "compartir tribuna, baixo ningún argumento da miña conciencia, con alguén responsable deses feitos", afirma, en carta remitida ó titular da Casa de León. Enviou: balonga![]()
Outros tweets |







