|
Artigos -
Historia e cultura
|
|
Escrito por <a href="index.php?option=com_comprofiler&task=userProfile&user=68"><span class="small">balonga</span></a>
|
|
Mércores, 18 de Novembro de 2009 10:37 |
ASEMBLEA NACIONALISTA DE LUGO
Fai xa 91 anos desde que se pedira por vez primeira a "autonomía integral da nazón galega"
Este mércores día 18 cúmprense 91 anos da celebración da I Asemblea Nacionalista (daquela Asambleia nazonalista de Lugo), celebrada en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 polas Irmandades da Fala.
Edición fascimilar do Manifesto editada pola Fundación Galiza Sempre
Da asemblea saíu o "Manifesto Nacionalista", que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a Guerra Civil española. Nel defínese a Galiza como nación e reclámase a autonomía integral de Galiza e a cooficialidade do galego.
Aquela foi a histórica asemblea onde o galeguismo político deixa atrás o rexionalismo e avanza cara o nacionalismo. Contou coa asistencia de 63 persoas, a metade procedente da cidade da Coruña, e estiveron estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturais; e mandaron a súa adhesión cinco federacións agrarias, once concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades de Galiza.
Mádia Leva!
Coincidindo coa celebración do aniversario da Asemblea Nacionalista, a S.C. Mádia Leva! de Lugo convoca un pasarrúas "en defesa do noso idioma". Sairá ás 20:30h da praza do Campo e rematará na rúa da Raíña diante do Hotel Méndez Núñez, onde realizarán unha oferenda floral.
Desde o centro social aproveitan esta data para reivindicar que, igual que no ano 1918, "hoxe seguimos reclamando a soberania "sen cativeces" para poder ser bres em todos os eidos.
Exposición da Asociación Socio - Pedagóxica Galega con motivo do 90 aniversario da Asemblea Nacionalista de Lugo
Enviou: balonga
|
Compárteo cos teus amigos
------------------------------------------------------- Síguenos e faite seareiro no Facebook
|
Outros tweets
|