|
VOTACIÓNS NA PROBA DE NAVIA DE SUARNA
PP 439
PSOE 436
BNG 86
EU 3
TEGA 3
OUTROS 4
VOTOS EN BRANCO 10
Veleí os resultados de Navia que non difiren moito dos do resto de Galiza.
Non sei se para algúns houbo solpresas. Para min non.
"O Povo é quen mais ordena" cantaba o Zeca Afonso. Algúns dirán que o pobo tamén se equivoca. Certo.
Pro non é menos certo que se trabuca menos ca os políticos.
Como lle comentaba a Garoca, moitos tiralevitas do encaixe de bolillos estarán a choricar e non durmirían.
Pro tranquilos, xa hai outros risoños preparados para levar " O Santo as Costas".
A unhos e a autros hai que dicirlles que a vida continúa máis aló dos esperpéntos.
Ao fin e ao cabo os currantes "os curritos", parados, xubilados, etc.. que non dependemos de un xeito directo das prevendas do poder coido que imos a quedar como estabamos. Ou non !
Cada quen que saque as súas conclusións.
Kike de Vidal Navia
Enviou: kikedevidal
|
Compárteo cos teus amigos
------------------------------------------------------- Síguenos e faite seareiro no Facebook
|
|