| Presentación da aldea |
|
|
|
| Escrito por <a href="index.php?option=com_comprofiler&task=userProfile&user=62"><span class="small">Xacobe</span></a> | |
| Martes, 28 de Abril de 2009 20:10 | |
Presentación
Fixemos esta web conscientes de que hai aldeas que non se coñece a sua beleza e permanecen no anonimato durante moito tempo, tal é o caso de Coro, que agora, amigos e veciños queremos dar a coñecer aos visitantes que se queiran achegar para descubrila. Hai que salientar que ademais da beleza dos seus arredores, é en sí un conxunto etnográfico mediante o cal podemos descobrir a forma de vida dos actuais e anteriores habitantes da aldea. Coro atópase enclavado no ensanchamento do chamado Val de Rao, -o cal ten unha paisaxe magnífica-, e desde él podemos contemplar en fronte a Robledo, á sua esquerda está Rao, que tamén é a capital da parróquia, e á sua direita está Murias,a aldea máis populosa. Forma parte do concello de Navia de Suarna (Lugo) pertencente aos Ancares de Galicia. As casas As casas de Coro están feitas todas co mismo tipo de pedra,un tipo de pizarra, sacada de unha canteira que hai preto do pobo. Por eso son tan iguais, ainda que todas diferentes entre sí. Foron construidas dende finais do século XIX ata os anos 60 do século pasado. Antes todas elas eran pallozas, a derradeira caeu no ano 2.000, debido a falta de acondicionamento e cambio de palla.As pallozas failles falla facerlles o lume, porque o fume torna os ratos e o caruncho, e ademais hai que lles cambiar un anaco do teito cada ano. O teito vexetal era de palla de centeo, que había que mallala co malle. As casas están normalmente distribuidas da seguinte maneira: a planta baixa é para o gando, e o primeiro andar sirve de vivenda para a xente. Dende principios do século XVIII, comenzou a facerse unha construcción adxetiva, de planta rectangular, de planta baixa e un andar con cuberta de lousa , e de pequenas dimensións, no interior pode ter catro por catro metros. Esta construcción, chamada cuarto normalmente utilizábase para dormitorio da xente nova da casa. O muiño O muiño de Morodo está nas aforas de Coro concretamente no Rio de Murias, cerca de outro mais antigo que era dos veciños, o cal xa está destruido, e soamente quedan ruinas.O muiño de Morodo foi construido a principios do século XX por Manuel Álvarez, él foi o artífice da máquina, xa que era carpinteiro e ademais un home inxenioso. Conservamos unha foto de él diante da porta do seu muiño xa polos anos 1950 cando xa era vello. O muiño conservase bastante ben ainda que necesitaría unha restauración. O muiñeiro cobraba un tanto pola maquía de acordo coa cantidade de gran que moía. Polo xeral o que quería moer levaba o gran en sacos ó muiño e deixabao alí. O muiñeiro iba botando á "moxega" consonte lle chegaba a rolda e recollía a fariña despois de que pasabann polas peneiras e separaban a fariña do farelo. Hórreos Os hórreos son construccións adxetivas , normalmente adicadas a almacenaxe de graos, tanto de centeo como de trigo e millo, así como da matanza (chourizos, xamóns, etc.) cando esta xa se curou ó lume nas ganseiras da casa ou palloza con fume de leña de rebola ou carballo. Normalmente os hórreos de Coro teñen unhas medidas entre catro e seis metros, e son mais grandes cos das zonas ainda mais montañosas. Están soportados en catro columnas ou peons, normalmente de madeira, para preservar da humidade. Enriba de estos peons colócase unha lousa de pizarra chamada tornarratos, para preservar dos ratos.O resto do hórreo é tamén de madeira a excepción do tellado que arestora é unha cuberta de lousa, pero ata o ano 1997 ainda se sonservou un de cuberta vexetal de palla de centeo. Seguindo ca descripción dos hórreos, nos hórreos "modernos" atopamos polas catro bandas un corredor, o de diante, chamado punteira Os hórreos mais antigos de Coro e comarca teñen unhas figuras ou tetrasqueles que outros prefiren chamar estelas celtas, ainda que son semellantes, en cada hórreo e diferente da dos outros. AccesosDesde Ponferrada hai 75 Km., atravesando Veiga de Espiñareda, Candín e Balouta na provincia de León, e Murias e Robledo xa en Lugo, e tomando no cruce de Rao cara a Navia, e a 1,5 Km hai que torcer a esquerda. Coro está a 0.5 Km. Video da mallegaVideo da mallega
|





As casas de Coro están feitas todas co mismo tipo de pedra,un tipo de pizarra, sacada de unha canteira que hai preto do pobo. Por eso son tan iguais, ainda que todas diferentes entre sí. Foron construidas dende finais do século XIX ata os anos 60 do século pasado. Antes todas elas eran pallozas, a derradeira caeu no ano 2.000, debido a falta de acondicionamento e cambio de palla.
O muiño de Morodo está nas aforas de Coro concretamente no Rio de Murias, cerca de outro mais antigo que era dos veciños, o cal xa está destruido, e soamente quedan ruinas.
Os hórreos son construccións adxetivas , normalmente adicadas a almacenaxe de graos, tanto de centeo como de trigo e millo, así como da matanza (chourizos, xamóns, etc.) cando esta xa se curou ó lume nas ganseiras da casa ou palloza con fume de leña de rebola ou carballo. 

