Lembra:   Iracundia est inimica consilio.(Marcus Tullius Cicero)   

Hoxe é luns 21 de Xullo
Visitas

   visitantes

   visitantes en líña

Presentación
+ Presentacion Galego
+ Presentacion Castellano
+ Videos da páxina
+ O recuncho de rositas
+ Ancares
+ Xogos tradicionais
Val do Rao
+ Historia e cultura material e inmaterial
+ Natureza
+ Val do Rao
¿¿Qué hai de novo??
Buscar

Site Logo


google

yahoo

Menu Lecer
Recomendar

Favoritos

Benvido/Bienvenido a Aldea de Coro

galice.gifBenvidos á paxina da aldea de Coro.

En esta web podedes coñecer un pouco da aldea de Coro, con este deseño tipo portal, que soporta novas e artigos (que poden ser escritos polos membros), chat, foro, pescuda na web, libro de visitas integrado, enquisas, descargas, de fotos antigas, temas etnográficos, natureza, galería con mais de 1.000 fotos, rexistro de membros, videos tanto da páxina como de música, cultura, historia, etc. , slides, Son Galicia Radio con música galega as 24 horas, e mais . As novas que se escriban é doado lelas con lector de feeds en: data/newses.xml. Para acceder a algunha de estas seccións hai que rexistrarse, pero nin no que canta un galo de Coro vos vai levar, e os vosos datos non os vai aproveitar ningunha empresa de marketing.

Con respecto a Coro, somentes vos quero salientar que pola súa conservación e a arquitectura das casas, acadou as axudas dun plano en catro fases para a súa restauración por parte do Leader da Unión Europea e a Xunta. Claro que de momento, só fixeron unha das catro fases, e estamos a espera das outras...que non creo que cheguen. Se queredes saber algo mais da aldea só tedes que entrar na presentación e nas outras seccións, só como adianto decir que Coro forma parte do Val do Rao no concello de Navia de Suarna, Ancares de Lugo.

Quero dar as grazas ós amigos e visitantes da páxina de Coro. Dende agora convídovos a que vos rexistredes, sexades corenses ou non. Boa navegación!!


Xacobe, webmestre


image001.gif


Ecoloxistas ven no parque natural unha vía de desenrrolo para Os Ancares
Veciños de Navia de Suarna presentan 140 novas firmas en contra do proxecto.
O Progreso, 31 de maio. A Federación Galega de Medioambiente (Fegama), que agrupa a trinta colectivos ecoloxistas, difundiu un comunicado no que defende a creación do parque natural d'Os Ancares.

Comenzan as obras de acondicionamento da estrada de Fontela a Raomaj.gif
O Progreso, 9 de maio. As obras de acondicionamento da estrada de Fontela a Rao comenzaron esta semana. A estrada depende da Diputación Provincial de Lugo que foi quen contratou os traballos. A obra consistirá na aplicación de aglomerado na totalidade do seu trazado entre os dous pontos anteditos... Ler


O GDR dos Ancares elixe xestora sin o apoio dos alcaldes do PSOE da zona.

O Progreso, 28 de abril. Os promotores do grupo farán unha nova "invitación formal" ós rexidores para que non queden a marxe do Plan Leader. Os promotores do Grupo de Desenvolvemento Rural-5 (GDR-5), correspondente os concellos da bisbarra de Os Ancares, constituiron o sábado a comisión xestora que levará a caboos trámites para a súa posta en funcionamento. ...Ler mais


"No Courel o wimax custa como cinco quilómetros de pista".
Víctor Álvarez, responsábel da primeira rede Wimax da Xunta de GaliciaO responsábel da primeira rede sen fíos da Xunta, Víctor Álvarez, explica as posibilidades do acceso público a internet no rural galego.
A Xunta presentoulle esta semana (25/08/07) aos veciños do Courel a súa primeira rede Wimax, que levará internet de alta velocidade aos concellos de Samos e Folgoso de Courel. O responsábel desta iniciativa é Víctor Álvarez, que nesta entrevista detalla as funcións e custos dun proxecto que, de ter éxito, podería ser fundamental para superar a fenda dixital da Galiza rural. E o webmestre desta páxina pregúntalles ós poderes públicos: ¿Para cando nos Ancares, e mais concretamente no concello de Navia e no Val do Rao, se é tan barata?

Roteiro polos Ancares da Asociación Adega o día 30 de Marzo (Concello de Navia)
Un aspecto sobre o que permitirá reflexionar o roteiro é o impacto das centrais hidroeléctricas: neste momento preténdese recuperar unha antiga concesión para un encoro no río Suarna, que anegaría unha zona proposta para o Parque Natural. A declaración deste pode ser a oportunidade para encauzar un futuro baseado na conservación dos valores naturais e culturais, que permita un desenvolvemento sostible e a conseguinte recuperación demográfica na zona.
 
As 3 últimas novas

Estas noticias están disponibles en el fotmato estandar RSS para publicar en tu web.
http://www.aldeadecoro.com/portal/data/newses.xml



Aldea de Coro está en Galicia Dixital - por Xacobe o 14/07/2008 * 21:06

Cristina Corral, que xa escribiu máis artigos sobre Coro, acaba de publicar este en Galicia Dixital:

Cuando era niña leía a menudo cuentos de duendes traviesos que vivían en grandes y frondosos bosques donde las aventuras se sucedían sin parar. Sus casas estaban dentro de árboles huecos que el tiempo había ido vaciando a fuerza de tempestades y de trabajadoras ardillas, hurones y pájaros carpinteros. A medida que fui creciendo cambié los cuentos por las leyendas gallegas de Xacias, Xoanas, Lavandeiras da Noite… que enredan al caminante con sus cantos y sus pieles infinitamente blancas a las orillas de los ríos en las fragas galaicas. Entonces el bosque dejó de ser juego y se convirtió en misterio, en voces, en suspiros transformados, en dulces sonidos que tratan de ser canción de lluvia en las tardes de invierno o soniquete de agua y sol en los calurosos veranos de la montaña… este ha sido uno de ellos… no lejos de la estela del monte quemado, del silencio más terrible que supone la devastación absoluta de la vida, hay un lugar donde los árboles todavía son milenarios, un lugar en el que no sabes muy bien si los duendes se han convertido en árboles o los árboles han sido siempre duendes, más allá de las montañas más increíbles se despliega entre tímida y jolgoriosa la Aldea de Coro.
Coro, vive en los senos de la montaña lucense, entre salvajes y sinuosas curvas se esconde un pueblo que invita al reposo y da cobijo a todo el que llega. Reunida bajo espectaculares sotos de castañas que al llegar el otoño se cubren con una manta protectora de hojas en ocres, te acoge la gente de la aldea. Caminan contigo aquí y allá, mostrándote la belleza de este lugar donde ya a finales de agosto el suelo empieza a plagarse de erizos buscando su magosto… mientras caminas junto a ellos, llega de lejos el sonido de los pájaros que han venido también, al igual que los nacidos en Coro hace ya muchos años, a pasar el verano en sus ramas, en esas ramas donde un día su madre hizo el nido.
Un paseo por el río que charla durante las tardes con un viejo molino de piedra, un abrazo de un árbol milenario, el olor del dulce sueño de las abejas en sus panales y una mirada larga y prolongada de un corzo… así es Coro, un lugar en el que sentarse a ver pasar la vida.

www.aldeadecoro.com

Texto y Foto: Cristina Corral Soilán
Corral, Cristina
Corral, Cristina

.../...

Comentarios   1 comentario, preme aqui para ver e/ou inserir o seu !

el valor del dinero - por pilar o 09/07/2008 * 23:55

Con el dinero puedo comprar:

La cama,pero no el sueño:

La comida, pero no el apetito:

Los libros ,pero no la inteligencia.

El lujo, pero no la belleza.

 Una casa,pero no el hogar.

El remedio, ,pero no la salud.

El sexo,pero no el amor.

La diversión,pero no la felicidad.

El crucifio,pero no la fé.

Un lugar en el cementerio,

pero no un lugar en el cielo.

 

 

 

Me pareció:tan lindo que lo quisé compartir con quien lo quiera leer  con todo cariño Pilar de Xacobo  

.../...

Comentarios   1 comentario, preme aqui para ver e/ou inserir o seu !

CASTELANISMOS///O Correo G - por balonga o 02/07/2008 * 00:01

CASTELANISMOS DE FORMACIÓN INCORRECTA

As entradas van en negra ordenadas alfabeticamente. O asterisco indica que se trata dunha forma ou construcción incorrecta. As solucións correctas e os exemplos recollidos do xornal van en cursiva.

acné: Substitúase polo substantivo feminino acne: O *acné / a acne supón un grave problema para os mozos de hoxe en día
acreedor: Empréguese acredor: Os *acreedores / acredores querían que se lles satisfixese a débeda no intre.

acribillar: Dígase cribar, coser a tiros, matar: *Acribillaron / coseron a tiros dous deputados cando saían de tomar unhas copas.

agotar: Substitúase por esgotar: Os xogadores quedaron totalmente *agotados / esgotados tralo encontro; as entradas *agotáronse / esgotáronse no primeiro día de poñelas á venda.

alto ó fogo: Dígase alto o fogo ou tregua: O IRA anunciou *un alto ó fogo / un alto o fogo / unha tregua.

amarillismo: Substitúase por amarelismo: O *amarillismo / amarelismo é o que está caracterizando o xornalismo dos nosos días.

aplastar: Empréguese arrasar, asoballar, vencer, atropelar, levar por diante, esmagar: Futre é un dianteiro que cando está ben pode *aplastar / acabar con calquera defensa.

amerizar: Úsese amarar: O hidroavión non tivo máis remedio que *amerizar / amarar antes da hora prevista porque quedou sen combustible.

anexionamento: Forma incorrecta. Dígase anexión: O *anexionamento / a anexión dos países árabes deu lugar a fortes discusións.

atañer: Substitúase por atinxir, atinguir, afectar, concernir ou incumbir: Os rusos consideran que se trata dunha inxerencia política porque son problemas que non *atañen / atinxen á Unión Europea.

aterraxe de emerxencia: Dígase aterraxe forzosa: A *aterraxe de emerxencia / aterraxe forzosa provocou a morte do piloto e do seu acompañante.

avanzadilla: Substitúase por a vangarda, a cabeza ou os que van diante: A *avanzadilla / os que ían na cabeza da expedición encontraron un grupo de bandidos que violaron dúas estudiantes americanas.

avecindar: Úsese aveciñarse; aproximarse, achegarse: Non estamos de acordo con vernos cada vez máis *avecindados / aveciñados / aproximados ó lugar do encoro.

azulgrán: Empréguese azulgrá: O equipo *azulgrán / azulgrá perdeu onte por 2 a 0.

blanquiazul: Empréguese branquiazul: Os *blanquiazuis / branquiazuis recibiron unha forte reprimenda por parte do adestrador.

boleto: Dígase billete: Os *boletos / billetes con pleno ó quince cobrarán quince millóns de pesetas cada un.

buzoneo: Empréguese correspondencia: Con isto do *buzoneo electrónico / correspondencia electrónica aparecen novos problemas relacionados cos datos persoais.

camilleiro: Úsese padioleiro: Os *camilleiros / padioleiros entraron na praza e levaron o toureiro totalmente inconsciente.

canteiría: Substitúase por cantería: Actualmente estanse recuperando as casas de *canteiría / cantería, a Deus gracias.

cardealicio: Substitúase por cardinalicio: Hoxe en día os pecados *cardealicios / cardinalicios aínda se agochan.

casilleiro: No ámbito deportivo e referido ó cadro onde se recollen as puntuacións débese substituír por marcador, cuadrícula, compartimento: O *casilleiro / marcador permaneceu avariado durante o partido.

coaligar: Substitúase por coligar, asociar, unir: As distintas faccións *coaligáronse / coligáronse para conseguiren a paz.

cobrarse: Aparece na expresión *cobrarse x vidas calcada do español, onde este verbo é pronominal. Deben empregarse modismos ou expresións alternativas tales como provocar x mortes; acabar coa vida de x persoas, sega-la vida de x persoas: O accidente de tráfico *cobrouse cinco vidas / provocou cinco mortos.

cofeito: Empréguese suborno: Os acusados foron acusados de *cofeito / suborno e de estafa.

colisionar: Substitúase colidir: A furgoneta, tras colidir cun camión cisterna, saíu da estrada e envorcou na gabia.

compló: Escríbase complot: O director do xornal acusou os seus colaboradores de *compló / complot

confrontación: O substantivo confrontación equivale a cotexo, comparación pero non é sinónimo de enfrontamento: A *confrontación / o enfrontamento entre Iraq e Estados Unidos continúa.

conlevar: Empréguese levar consigo, implicar, carrexar, supoñer: Esta situación *conleva / implica unha grave crise económica.

corresponsal: Úsese correspondente: O noso *corresponsal / correspondente en Vigo informounos amplamente sobre o tema.

corretear: Castelanismo. Empréguese corricar, correr: Pese á guerra os meniños *corretean / corren tranquilamente.

correveidile: Castelanismo que se debe substituír por leva e trae, contiñeiro, alcaoiote, rexoubeiro, mensaxeiro, argalleiro, barulleiro: O ministro non foi máis ca un *correveidile / leva e trae de quen todos sabemos.

corta: Empréguese curtametraxe: Hoxe pola tarde estrean a *corta / curtamentraxe.

corbeta: Escríbase corveta: Na zona hai dúas *corbetas / corvetas esperando novas ordes.

chófer: Empréguese chofer: Co atentado o chófer / chofer morreu no intre.

debacle: Úsese desastre, desfeita, cataclismo, ruína, caída: A *debacle / o desastre estaba anunciada.

desmán: Forma válida cando equivale a contramán. Forma incorrecta cando substitúe a desmando, abuso: O *desmán / desmando do pai deixou graves secuelas no rapaz.

desnudismo: Empréguese nudismo: O home dicía que non lle gustaba o *desnudismo / nudismo.

doutorado: Mellor é empregar doutoramento: Os cursos de *doutorado / doutoramento comezan o mes que vén.

encadre: Úsese encadramento: Ó director pareceulle ben o *encadre / encadramento e quedou todo dito.

enemizade: Empréguese inimizade: As *enemizades / inimizades foron as que deron lugar a estes feitos.

ensoño: Castelanismo. Substitúase por fantasía, soño, ilusión: O *ensoño / a fantasía debe presidir estas festas.

entramado: Empréguese armazón, trama, tramado: O *entramado / a trama de intereses era evidente.

epatar: Úsese abraiar, pasmar, impactar: As imaxes finais do filme *epatan / abraian os espectadores.

escoria: Castelanismo que se debe subsbituír por escoira, escoura. A *escoria / escoira dominaba o ambiente.

esparcemento: Substitúase por esparexemento: Os peixes deben gozar destes días de *esparcemento / esparexemento.

estrellato: Empréguese fama: O *estrellato / a fama chegoulle demasiado rápido.

financieiro: Empréguese financeiro: Os recursos *financieiros / financeiros da empresa están minguando.

fisoterapeuta: Úsese fisioterapeuta: O *fisoterapeuta / fisioterapeuta non quixo facer ningunha declaración respecto da lesión do dianteiro.

fraticida: Empréguese fratricida. O cualificativo de *fraticida / fratricida foi o máis empregado.

graderío: Substitúase por bancadas: No *graderío / nas bancadas reinaba a tranquilidade.

inarámico: Substitúase por sen fíos: O teléfono *inarámico / sen fíos avariouse e non puido chama-la policía.

maitíns: Castelanismo. Substitúase por matíns, matinas: Era a hora dos *maitíns / matíns cando os ladróns entraron no convento.

manillar: Substitúase por guiador. O *manillar / guiador apareceu a vinte metros do accidente.

misóxeno: Substitúase por misóxino: O escritor declarouse *misóxeno / misóxino en máis de unha ocasión.

motero: Empréguese moteiro, motorista. O cadáver do *motero / moteiro chegou onte á súa vila natal.

palaciego: Substitúase por palaciano: Os mesteres *palaciegos / palacianos ocúpanlle moito tempo.

parrilleiro. Substitúase por grelleiro: Na festa gastronómica vinte *parrilleiros / grelleiros prestaron a súa axuda desinteresadamente.

pasacalles: Empréguese pasarrúas: Os *pasacalles / pasarrúas animaron os festexos.

páxara: No ámbito deportivo débese substituír por baixón: A *páxara / o baixón dos ciclistas que ían na cabeza notouse moito no resto do pelotón.

peatonal: Empréguese peonil: A vía central converteuse en *peatonal / peonil.

Plumilla: Forma incorrecta sempre, incluso cando equivale a escritor. Este *plumilla / escritor colaborou co noso xornal dende a súa creación.

pulpa: Empréguese polpa. A *pulpa / polpa desa froita posúe unha substancia medicamentosa.

radiactividade: Empréguese radioactividade: As altas doses de *radiactividade / radioactividade provocaron deformacións en certas especies.

rallar: Empréguese co significado de esmagar ou o sinónimos esmigallar: cómpre rela-lo queixo nesa receita.

reanudar: Substitúase por retomar, recomezar, reiniciar, no segundo tempo, na segunda parte: Os enviados da ONU *reanudaron / retomaron as conversas; Ó *reanudarse / reiniciarse o partido o árbitro expulsou a Raúl.

rechistar: Empréguese chistar: Tódolos votantes deben dicir amén sen *rechistar / chistar.

remprazar: Úsese substituír: Mentres o presidente vai en viaxe oficial a Chile *remprázao / substitúeo o vicepresidente.

renome: Empréguese fama, sona: O seu *renome / a súa fama era mundial.

repunte: Substitúase por reactivación, recuperación, repunta: O *repunte / a reactivación da economía fíxose patente na recolleita de beneficios.

respaldar: Empréguese apoiar, secundar: Francia non *respalda / apoia a postura de EEUU no conflicto con Iraq


resquicio: Substitúase por ocasión, posibilidade, oportunidade; abertura, físgoa, oco, fenda: O dianteiro aproveitou o *resquicio / o oco que quedou neses dous minutos e marcou o gol do partido.

sabotear: Úsese sabotar: A banda intentou *sabotear / sabotar as negociacións pero non o conseguiu.

sabueso: Empréguese sabuxo, investigador, pesquisador, e, no caso de que se refira a un can dirase sabuxo: Os *sabuesos / sabuxos deben encontra-lo asasino antes da medianoite.

savia: Substitúase por zume, sangue, vida, enerxía, valor, seiba: A mocidade trouxo unha nova savia / enerxía á asociación.

saldar: Esta forma é correcta nas acepcións referidas a liquidar unha conta ou a acción consistente en vender moi baixa unha mercadoría. Coas outras acepcións empregarase concluír, acabar, rematar, ter como resultado. O accidente *saldouse con vinte feridos e sete mortos / o accidente tivo como resultado vinte feridos e sete mortos.

sinistrabilidade: Empréguese sinistralidade: O índice de *sinistrabilidade / sinistralidade rexistrado no mes pasado é alarmante.

sobrelevar: Úsese aturar, soportar: As mulleres maltratadas *sobrelevan / soportan todo en silencio.

sobrepasar: Empréguese superar, exceder: O xogador de baloncesto tivo que pagar unha multa por *sobrepasa-lo / excede-lo límite de velocidade establecido.

solventar: Substitúase por liquidar, pagar; resolver, solucionar: Cómpre *solventa-lo / soluciona-lo problema dos obxectores de conciencia antes de que vaia a máis.

sostenibilidade: Empréguese sostemento, sustento: A *sostenibilidade / o sostemento da familia depende totalmente desta muller.

surtidor: Úsese no seu lugar provedor, abastecedor; chafariz, chorro; bomba: Revisáronse tódolos *surtidores / provedores, bombas de gasolina por se existía fraude.

tala: Empréguese corta: A *tala / corta de árbores indiscriminada continúa nos bosques africanos.

tanteador: Empréguese marcador: O *tanteador / marcador electrónico marcaba 90-88 no derradeiro minuto de xogo.

telebasura: Dígase telenoxo, telelixo: A *telebasura / o telenoxo a debate no programa desta noite.

tesiña: Substitúase por memoria de licenciatura ou tese de licenciatura: A *tesiña / a memoria de licenciatura lida onte achegou novos datos sobre a formación das células.

termita: Empréguese térmite: As termitas / térmites son as protagonistas deste filme.

tertuliano: Empréguese tamén parolador, conversador, participante dun faladoiro: Hoxe todos queren ser tertulianos / paroladores nalgún programa radiofónico.

tildar: Dígase acusar, cualificar, definir, tachar: O ministro francés *tildou /cualificou o seu adversario político de pouco tolerante.

tragaperras: Empréguese comecartos: As máquinas *tragaperras / comecartos son capaces de arruinar unha familia.

trasvase: Substitúase por transvasamento, trasfega: O *trasvase / transvasamento da auga realizarase axiña pese ás protestas populares.

tuerca: Dígase rosca, porca: Déronlle dúas voltas máis de *tuerca / rosca ó asunto.

ultraxe: Empréguese aldraxe: A *ultraxe / aldraxe a un iraquí como Sadam pode resultar moi cara.

ventanilla (única): Substitúase por portelo único: A *ventanilla única / o portelo único funciona relativamente ben.

volcarse: Empréguese centrarse, dedicarse, entregarse, preocuparse, pensar en: O toureiro comentou que agora se vai *volcar / centrar na súa familia e que non pensa en volver tourear.

xaez: Empréguese calibre, clase, caste, ralea: Acontecementos deste *xaez / calibre vense moi poucas veces

zahorí: Dígase adiviño, sorteiro, meigo, vidente; agudo, vivo, espilido: O único personaxe que se salva desta película é o *zahorí / sorteiro, os demais bastante frouxos.

zanxar: Substitúase por resolver, dar por resolta, concluír, acabar: Fischler e mailo presidente iraquí *zanxaron / resolveron a cuestión tras varias horas de discusión.

.../...

Comentarios   1 comentario, preme aqui para ver e/ou inserir o seu !
 
Foro en directo

 Estatísticas Foro     1 foros incluíndo 1 privado
    10 temas e 34 mensaxes
    1 usuario visitou os Foros hoxe

Foro

  Temas : Adiviña, adiviñanza

  No se puede dar pistas pero en las respuestas ...

26/06/2008 * 14:48
Foro

  Temas : Adiviña, adiviñanza

  Yo ya voté. Pero puede haber alguna pista para los que ...

26/06/2008 * 14:15
Foro

  Temas : Saludos desde Argentina

  Xa o vin, aínda que non é wikipedia, senón un remedo ...

26/06/2008 * 12:48
 
Hora


relojes web gratis


Galería

Ver a galería da páxina de Coro

Favoritos

+ Ancares
+ Cultura galega
+ Xornalismo en galego
+ Software en galego
+ Blogues
+ Galeguidade
+ Humor
+ Navia de Suarna
+ Podcast
+ Portales
+ Radio
+ Turismo Rural
+ Val do Rao
+ Webs amigas
+ natureza

Conexión...
  Miembros: 146

Nickname:

Contraseña:

[ ¿Recordar contraseña? ]


[ Alta como miembro ]


  Miembros conectados: 0
  Anónimo en línea: 4

Total visitas Total visitas: 139879  
Record Record 65

El 08/05/2008 @ 21:09


Webmestre - Info

Ip: 38.103.63.16

Calendario

Enquisas/Encuestas
puceQuén é o señor das bolboretas que se vei no foro
Redactor

Para entrar no teu espazo protexido, preme eiquí

Descargas
+ Documentos
+ Documentos etnográficos
+ Flora
+ Historia e cultura material e inmaterial
+ Libros
+ Lingua
+ Música
+ Parque Natural Os Ancares
+ Val do Rao